Rafael Louzán destaca
que o 90% dos pontevedreses paga os seus recibos en período voluntario
A DEPUTACIÓN ACTIVA UN PLAN
DE FACILIDADES DE PAGO PARA OS CONTRIBUÍNTES, QUE PERMITIRÁ FRACCIONAR OS
RECIBOS EN 8 COTAS SEN CUSTE ALGÚN
· Poderanse agrupar e xestionar como un único
recibo os pagos de IAE, IBI e Vehículos, tanto se son dun só concello
como de varios
· O 85% dos contribuíntes teñen domiciliados os seus recibos
· O ORAL xestiona un total de 700.000 recibos de IBI, IAE e Vehículos por un
importe total próximo aos 100 millóns de euros
A Deputación de Pontevedra
vén de activar un plan de facilidades de pagamento para o contribuínte que
permitirá fraccionar en 8 cotas sen intereses os recibos do Imposto de Bens Inmobles
(IBI), de Actividades Económicas (IAE) e de Circulación de Vehículos.
Trátase dunha medida que,
tal e como sinalou o presidente da Deputación na rolda de prensa de
presentación desta iniciativa, pretende “dar máis facilidades aos cidadáns á
obra de cumprir coas súas obrigas tributarias”, especialmente nunha provincia
na que o 90% dos contribuíntes paga os seus recibos en período voluntario,
demostrando que se trata “dun contribuínte exemplar e modélico”.
Este sistema súmase aos dous
procedementos que xa existían, como o fraccionamento ordinario, que permite que
o contribuínte fraccione os seus recibos pero que ten o inconveniente de que
implica o pagamento de uns intereses que, aínda que son mínimos, si supoñen un
engadido ao custe do recibo; e o sistema especial de pagamento do IBI, que
permite pagar en dous prazos, neste caso sen ningún tipo de interese.
Rafael Louzán incidiu en que
o Plan Personalizado de Pagamento que agora se presenta ten tres vantaxes. Por
unha banda “non se cobra ningún tipo de interese, en segundo lugar permite agrupar
os recibos de IAE, IVTM e IBI e xestionalos conxuntamente, como un só -tanto se
se trata de recibos dun único concello como de dous ou máis-, de forma
totalmente unificada; e o terceiro que permite pagalo en 8 cotas mensuais”.
Os contribuíntes que desexen
acollerse a este sistema para o presente exercicio fiscal de 2014 poderán
facelo durante o que resta de mes e tamén en febreiro. Unha vez solicitado o
plan personalizado, non terán que renovar a solicitude e aplicaráselle este
fraccionamento en todos os exercicios mentres o contribuínte non ordene o
contrario.
Os recibos pasaranse ao
cobro a principios de cada mes e o cálculo das cotas farase sumando a contía
total dos recibos que se queiran fraccionar e dividindo a cantidade resultante entre
8.
Para poder acollerse a este
plan, a contía total dos recibos agrupados non poderá ser inferior aos 240
euros, polo que a cota mensual será dun mínimo de 30 euros.
O plan establece, ademais, e
co obxectivo tamén de darlle facilidades ao contribuínte, que se nalgún momento
non se pode pagar unha mensualidade, pódense seguir pagando as restantes cotas
con normalidade e aboar a cota pendente cando o contribuínte poida. De non
abonarse antes, cobraráselle na última mensualidade, sen ningún tipo de recargo.
70.000 recibos
Rafael Louzán subliñou que poderían
entrar dentro deste sistema de pagamento máis de 700.000 recibos, cun importe
total que rolda os 100 millóns de euros e pertencentes a máis de 430.000
contribuíntes”.
A modo de exemplo, o
presidente da Deputación lembrou que en 2013 o ORAL xestionou un total de 420.000
recibos de IBI; 3.660 de Actividades Económicas; e 272.000 de Vehículos.
Louzán lembrou, ademais, que
o 85% dos contribuíntes dos 54 concellos que teñen delegada a xestión
tributaria no ORAL teñen domiciliados os seus recibos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario