Feijóo, coa conselleira de Benestar, Beatriz Mato
© Ana Varela
O Consello da Xunta do pasado venres deulle luz verde a un acordo enmarcado na "aposta" do Goberno galego "por apoiar as persoas máis desfavorecidas fronte á crise económica". Trátase do decreto a través do cal as persoas que perciben pensións non contributivas cobrarán, por sexto ano consecutivo, un complemento de 206 euros nos primeiros días do ano.

Ningún comentario:
Publicar un comentario