29 de dec. de 2013

DEPORTES

II REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA CONTOU CON UNHA PARTICIPACIÓN DE 161 PERSOAS

Na imaxe, varios deportistas do clube Sociedade Atlética do Trega que participaron este domingo na II Reunión Atlética Solidaria - Foto: José Antonio González Morais

Infogauda / A Guarda


  Este domingo 29 de decembro, tivo lugar en A Guarda, á II Reunión Atlética Solidaria. O evento deportivo, que contou coa colaboura de axentes da Policía Local e da Cruz Vermella, consistiu nunha camiñata, con saída as 10:00 h, desde a zoa escolar de A Sangriña, e unha carreira a pé non competitiva, que comezaría unha hora despois. A distancia a percorrer, foi en ambos os dous casos de aproximada 10 quilómetros, arredor do Monte Santa Trega. O percorrido foi o seguinte: Paseo de Portugal, Rúa Rosalía de Castro, Rúa Concepción Arenal, Rúa do Porto, Avda. Fernández Albor, senda litoral, O Feno, A Pasaxe, Paseo de Portugal e de novo A Sangriña, onde estaba a meta.

  Cada participante que nos días previos se había inscrito, a hora de recoller o dorsal fixo entrega de alimentos que serán repartidos as familias máis desfavorecidas por parte dos servizos sociais do Concello coa colaboración de Cruz Vermella.

  Segundo se informou polo servizo de megafonía, entre ás que fixeron a andaina e os atletas que participaron na carreira non competitiva, nesta edición participaron un total de 161 persoas.

    A II Reunión Atlética Solidaria remataría con un sorteo - no que participaron tódolos posuidores dos dorsais entregados - de varios premios doados por establecementos da localidade. 

DOUS DEPORTISTAS DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA FIXERON PODIO EN O CARBALLIÑO

Os irmans Cristian Sierpes Pereira e Alex Sierpes Pereira, compartiron podio no Carballiño
                                       Foto: José Antonio González Morais

Por outra banda, compre salientar que varios deportistas do club Sociedade Atlética do Trega veñen de participar na 5ª Carreira Solidaria do Arenteiro, que tivo lugar no Carballiño (Ourense), onde os irmáns Cristian Sierpes Pereira e Alex Sierpes Pereira, acadaron o 1º e 2º posto, respectivamente da súa categoría. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario