21 de dec. de 2013

A GUARDA

II NADAL EN A GUARDA, 2013
Feira de Artesanía



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Desde este sábado e ata o vindeiro luns día 23 de decembro incrusive, á Alameda de A Guarda acolle unha Feira de Artesanía, promovida por ARCO Baixo Miño - Asociación de Artesans da Comarca do Baixo Miño.

  Nesta primeira xornada do sábado, os artesans participantes estiveron desde ás 11:00 ata ás 20:00 horas, amosando unha grande variedade de traballos feitos en diferentes materiais, moi axeitados tanto para quens os merquen para uso própio como tamén para agasallos.

  O domingo día 22, estarán desde ás 16:00 ás 21:00 h. e o luns día 23, tamén desde ás 16:00 ás 21:00 h..

  ARCO Baixo Miño realiza por segundo ano consecutivo esta Feira de Artesanía, dando á coñecer os traballos artesans feitos polos compoñentes da Asociación de Artesans da Comarca do Baixo Miño, sendo un fermoso xeito de achegar súa labor á poboación de A Guarda e súa contorna. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario