O MERCADO DO RELÓ ANIMA ÁS RÚAS DA VILA, TAMÉN NO NADAL
Varios compoñentes da Agrupación Musical de A Guarda ambientaron coa súa música este preludio do Nadal. Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Este sábado día 21 de decembro, á vila de A Guarda, voltou a contar con diversas actividades que tiveron lugar nas rúas Concepción Arenal e Joaquín Alonso (Praza Nova), promovidas polo colectivo Comerciantes Mercado do Reló, de A Guarda.
Obradoiros para nenas/os, chocolate, torradas, karaoke infantil, música en vivo, fotografías co Pai Noël, buzón para ás cartas dos picariños, ..., e moita animación nas rúas.
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Compre salientar que o vindeiro sábado día 28, desde ás 16:30 h., nas rúas Concepción Arenal e Praza Nova, terá lugar á Carreira do Pavo e actividades infantís. Colaboura o Club Ciclista Rosal.
E o sábado día 4 de xaneiro de 2014, desde ás 17:30 h., nas rúas Concepción Arenal e Joaquín Alonso (Praza Nova), haberá máis actividades infantís.
Desde Infogauda saudamos moi positivamente estas iniciativas promovidas polo colectivo Comerciantes Mercado do Reló, que contribúen á dinamización do sector comercial da vila guardesa, repercutindo moi positivamente en tódolos establecementos e na cidadanía de A Guarda.


Ningún comentario:
Publicar un comentario