21 de dec. de 2013

A GUARDA

O ALUMNADO DO CURSO DE VENDA NO PEQUENO COMERCIO REALIZA PRÁCTICAS FORMATIVAS EN EMPRESAS

 Érguete Baixo Miño / A Guarda

  Este curso organizado pola Asociación Érguete Baixo Miño no que participan 13 persoas desempregadas, enmárcase dentro do Programa de Incorporación Social e Laboral que desenvolve esta entidade anualmente. Esta acción realízase grazas ao financiamento das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar –Dirección Xeral de Familia e Inclusión-, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de O Rosal.

  
  Esta actividade formativa desenvolveuse durante os meses de outubro, novembro e decembro cunha duración de 380 h.  Durante os vindeiros meses o alumnado realiza as prácticas formativas en centros de traballo, imprescindibles para obter o certificado acreditativo deste curso.

Agradecemos especialmente a colaboración das seguintes empresas da Comarca do Baixo Miño para levar a cabo esta formación práctica:

 Librería-Papelería Atlántica (A Guarda), Perfumería-Droguería Chévere (A Guarda), DIN (Vigo), Xoguetería Don Dino (A Guarda), Informática y Comunicaciones Global A Guarda.com, Electricidad J.L. Lorenzo (A Guarda), Cosmética Profesional Marengo (A Guarda), Maxibebé (A Guarda), Sara Carrera Moda y Complementos (O Rosal), Tu Menú (A Guarda), Panadería Volován (A Guarda).

Ningún comentario:

Publicar un comentario