21 de nov. de 2013

MOVEMENTOS SOCIAIS

DE GUINDOS NON RECIBE Á COORDINADORA DE PREFERENTES E SUBORDINADAS GALEGA


Membros da Coordinadora galega de afectados polas preferentes e subordinadas, coa portavoz do PSOE no Congreso dos Deputados - Fotografía: RTVE

Unha representación da Coordinadora galega de afectados polas preferentes e subordinadas viaxou onte, mércores 20, a Madrid coa finalidade de entregar máis 23.000 sinaturas ao Ministro de Economía, Luis De Guindos, demandando una solución para tódolos estafados.


No día de onte, cinco portavoces da Coordinadora galega de afectados polas participacións preferentes e obrigas subordinadas de Novagaliciabanco, viaxaron até Madrid para entregar no Rexistro Xeral do Ministerio de Economía maís de 23.000 sinaturas de apoio ao colectivo dirixidas ao Ministro Luis De Guindos.
No escrito, que vai dirixido ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Presidente do Goberno Español e ao Ministerio de Economía, e que está respaldado coa sinatura de milleiros de cidadáns, exponse que:
“Os afectados polas preferentes e subordinadas e a sociedade civil, condenan e solicitan a paralización das quitas, que, recentemente foron legalizadas no Congreso dos Deputados, e a derrogación do Real Decreto Lei 6/2013 que rouba os aforros para darllos aos estafadores”.
“Defendemos a devolución do 100% dos aforros ás persoas afectadas, así pois esiximos un compromiso (por escrito) das súas señorías, de que aqueles afectados que solicitaron a vía de arbitraxe, se lles devolva a súa cantidade íntegra”.
 A pesares de que a Coordinadora galega solicitou unha reunión de carácter urxente co Ministro de Economía para lembrarlle as promesas que foron incumpridas e esixirlle que dea unha solución definitiva a todos os estafados ,e a súa vez,  que derogue o Real Decreto Lei 6/2013 que rouba os aforros dos galegos para darllos aos estafadores, o Ministro Luis de Guindos, decidíu  optar por non contestar a esta convocatoria urxente.
Dende a Coordinadora galega de plataformas condeamos a actitude pasiva que o Partido Popular sempre mantivo de cara a este movemento social, pois non é de esquecer que levamos case dous anos á espera de  que o Presidente da Xunta de Galiza, Núñez Feijóo reciba as plataforma galegas, que dende as alcaldías do PP en Galiza se cumpran os compromisos e mocións asinadas, e que dende o Ministerio de Economía se dea contestación aos sucesivos escritos remitidos. 
Tamén no día de onte, de xeito informal, fomos recibidos moi amablemente polo Xefe de Gabinete de Adxunto Primeiro do Defensor del Pueblo. Don Francisco Virseda interesouse en coñecer polo miúdo o estado dos estafados polas preferentes e subordinadas galegos, e amosouse moi abraiado ante a situación de represión que dende as plataformas estamos a recibir, comprometéndose así a estudar esta acontecemento surrealista para presentar unha reclamación ante as institucións públicas correspondentes, e  voltar a recibirnos nun breve período de tempo con máis detemento ante esta estafa masiva.
A última hora da mañá a coordinadora mantivo unha reunión coa portavoz do PSOE no Congreso, Soraya Rodríguez e outros deputados socialistas para facerlle chegar de primeira man a situación insostible actual  dos preferentistas galegos e solictar a traverso dos  portavoces socialistas unha xuntanza co Comisario Europeo Almunia.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario