16 de out. de 2013

O ROSAL

O GRUPO LIROLAI ACTUARÁ ESTE VENRES NO PROGRAMA LUAR, DA TVG


Infogauda / O Rosal

O vindeiro venres día 18 de outubro de 2013, a partires das 22:00 h., o Grupo de Música Tradicional Lirolai, do Rosal, participará unha vez máis, no programa Luar, da TVG,  compartindo súa música con toda á audiencia do programa que presenta Xosé Ramón Gayoso Bonigno.
       O grupo de pandereteiras/os e música tradicional Lirolai nace no seo da Agrupación Musical do Rosal, sendo este un máis dos proxectos levados a cabo por esta asociación que conta entre outras cousas con escola de música, banda, coral, grupos de cámara, etc. 
     Lirolai consta de trece compoñentes, oito mulleres (Berta Caride, Sol Rodríguez, Rita Martínez, Concepción Martínez, Fátima Martínez, Consuelo Pereira, Esther Rodríguez e Manuela Martínez)  e cinco homes (Rafael Martínez, Miguel Proba, Rafael Domínguez, Celso Diego e Serafín Luna) que interpretan repertorio cantado, pezas de pandereteiras, temas instrumentais con gaitas, acordeóns, saxo, tamboril e bombo, e versións mixtas de canto e instrumentación. Posúen un amplo repertorio de cancións de recollida de diferentes zonas de Galicia, así coma versións de temas populares e tamén pezas de composición propia.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario