ONTE FOI PRESENTADA Á III FESTA DA VENDIMA
Jorge Cardoso Mariño / Vicepresidente da SRC San Miguel e coordinador da Festa da Vendimia
A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel (O Rosal) presentou a Festa da Vendima 2013 no seu local social coa presenza do Alcalde do Rosal D. Jesus María Fernández Portela, o cual destacou a labor desta asociación cultural por recuperar dita festa que se facía na Praza do Calvario hai 11 anos e xa por terceiro ano o vai a levar a cabo a entidade da parroquia de San Miguel de Tabagón (O Rosal) nun concello con unha gran forza no sector vitivinícola.
A Festa da Vendima 2013 iniciarase o sábado 28 de setembro con un gran baile dentro do local da SRC San Miguel na honra San Miguel “O Anxo das Uvas” e de seguido o 29 setembro día do Patrón terase unha misa solemne con sermón e procesión para rematar coa romería no Parque da Carballeira.
A Asociacion Galega de Viticultura (AGV) colabora na organización o martes día 2 de outubro un cata de viño con maridaxe de productos da zoa (peixe do río Miño, Horta do Rosal, peixe espada…..) dirixido por Marina Cruces, destacada sumiller tudense, membro da Asociacion Galega de Sumilliers (AGASU) e no venres día 4 de outubro terá lugar no local da SRC San Miguel unha xornada técnica sobre viticultura o remate dela se catarán viños galegos de Denominación de Orixe.
Esta Festa da Vendima terá o seu momento alxido no fin de semán co II Torneo de Ran que se iniciará no sábado 5 durante toda a tarde e as finais no día seguinte.
No recinto da festa tamén teremos a Asociación de Artesans da Comarca do Baixo Miño (ARCO Baixo Miño) que terán seus stands de artesanía dende as 3 da tarde.
Para rematar este día a SRC San Miguel creou o Concerto Rock&Dj`s “Festa da Vendima” dende as 22.30 ata altas horas da madrugada, con cantina organizada pola Asociación Solteiros-Casados de San Miguel.
Para rematar o evento o domingo 6 dende as 10.00h teremos polbo e carne o caldeiro durante todo o día acompañados con viños da zoa do Rosal e a colaboración das adegas da AGV, e as 13:00 h. darase o pregón e a entrega de diplomas dos cursos do ano 2012 realizados por esta asociacion.
Por último e durante a tarde terá lugar o “Festival Serán” de grupos folclóricos do Baixo Miño e a entrega dos premios do “Torneo da Ran”.
Tamén hai que subliñar que durante o evento teremos a I Recollida Solidaria de Tapóns e a entrega dos premios do Concurso de Fotografia “Festa da Vendima” Santiago Ruiz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario