GENARO ALONSO MARTÍNEZ: UN XENIO DA RECICLAXE
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Leva anos creando o que para nós son esculturas de pequeno formato. Maioritariamente feitas a partires de compoñentes metálicos (coxinetes, piñons, muelles, grifos, accesorios de fontanería,...) cuio destiño final sería - no mellor dos casos - o Punto Limpo, ese cementerio tecnolóxico a onde van parar nunha penúltima fase, todo aquilo que, segundo incentiva o consumismo imperante, xa non nos serve, ou que xa deixou de aportarnos algún servizo ou utilidade.
Houbo unha época non moi lonxana, que os que nacemos na postguerra deste país coñecemos ben, na cal nada se tiraba. Se algo deixaba de ter á utilidade para a cal á habíamos mercado, chegado o intre en que xa non era posíbel que continuase sendo útil, gardábase, por si acaso facía falla para calquer outro cometido. Por exemplo: Se unha ferradura do cabalo estaba moi gastada, adoitábase emprega-la como amarradoiro do gando. Introducíase nunha parede de mampostería, e alí atábase a corda da vaca ou de calquer outro animal que nos axudase nas labores agrícolas.
Se se rompía un vidro e había cartos para mercar outro, o vidro roto non se tiraba, xa que servíanos para cobrer o pequeno semilleiro - reutilizando, poñamos por caso, unha lata de marmelo - na que sementábamos varios productos hortícolas antes de transplata-los á horta.
As creacións de Genaro Alonso proceden maioritariamente de componentes metálicos xa en desuso
Hoxendía ainda reutilizamos trebellos que non valen para os fins que foron fabricados. Entre outros exemplos, temos os somieres - antigamente chamados "metálicos" - que ainda os podemos ollar, delimitando - ou pechando - propiedades agrícolas que están traballadas, tentando coa súa utilización, que os froitos non se estraguen pola acción das alimañas, que poidan entrar nas hortas.
Máis o que fai Genaro Alonso e moito máis que iso. A labor deste home, merece que lle adiquemos este espazo en Infogauda. Este creador, non desbota nin un culler, nin un piñón, nin un palier,...Para él todo ten utilidade, mesmo despois de esgotar a chamada vida útil para a cal foron fabricados moitos dos compoñentes das súas esculturas metálicas, feitas maioritariamente en aceiro ou en ferro, ainda que mesmo incorpora pezas de latón, inox e tamén cantos rodados, e ás veces, incruso madeira, material no que tamén ten varias creacions que dan boa proba da súa demostrada vea artística.
Da súa criatividade sen límites e da súa inicitiva por facer cousas que lle satisfacen como ser humán, dan boa proba ás exposicións que xa ten feito na contorna, e tamén os eventos nos que participa como compoñente da Asociación de Artesans da Comarca do Baixo Miño (ARCO), que preside á xentil Romy Ottaviani.
A pouco que teñamos algo de sensibilidade para apreciar á labor de un creador, á obra de Genaro Alonso non lle pasa desapercibida a ninguén. E así, cáseque como non quer á cousa, preséntanos bólidos de carreiras, motocicletas de varios estilos, camións, esculturas móbiles,...E todo iso, a partires do que para moitos de nos tería únicamente un destiño: A chatarrería ou como dixemos antes, o Punto Limpo.
Moitas grazas Genaro por facernos ver que se queremos, podemos darlle nova vida a moitos trebellos que con relativa facilidade nos desprendemos deles. Tí eres todo un artista. Un xenio da reciclaxe.




Ningún comentario:
Publicar un comentario