18 de xuño de 2013

VIGO

Vigo celebra o Día da Música a ritmo de reggae

Algúns dos artistas máis representativos da cidade uniranse este venres, na sala La Iguana, para celebrar o Día da Música da man da Asociación Minho Reggae. A banda Meninos Carentes compartirá escenario cos Transilvanians, Wöyza, Zamaramandi, Mr Mou, entre outros. O concerto, que terá un custe de 3 euros, arrancará ás 23.00 horas.

Xan Lois Vila / Vigo

A Asociación Minho Reggae pecha a súa programación de inverno festexando o 21 de xuño, o Día Internacional da Música, que se celebrará con milleiros de concertos en todo o mundo e tamén en Vigo. A banda Meninos Carentes será a encargada de abrir un concerto que estará cheo de convidados que renderán tributo aos ritmos xamaicanos e brasileiros. Sons que defende a natureza, a vida e a paz e que tamén se converterá na celebración do solsticio de verán.

O grupo galego-portugués Meninos Carentes faranos viaxar de Brasil a Xamaica, con temas cantados en galego portugués que beben dalgún dos grupos máis importantes da música brasileira e xamaicana. Levan máis de cinco anos enriba dos escenarios presentando as súas cancións reivindicativas, que nos falan dos problemas sociais, da corrupción, a pobreza e as inxustizas das favelas de Río de Xaneiro pero que, hoxe en día, se poderían trasladar a calquera punto da xeografía. Temas que este venres soarán a rocksteady e reggae, porque contarán coa colaboración de musicos da banda Transilvanians, que farán un oco na xira presentación do seu novo traballo para non perderse a celebración do Día da Música ao igual que a camtamte viguesa Wöyza e Mr Mou, da banda ferrolá Natural Green. Tamén poderemos gozar do banda viguesa Zamaramandi e doutros representantes da escena local.

Un espectáculo único, cheo de forza e boa enerxía no que veremos a artistas cunhaampla traxectoria musical e de estilos moi diversos que se unirán este venres nunconcerto irrepetible. Deste xeito, a asociación viguesa Minho Reggae pecha a súa programación de inverno, deixando as súas costas todo un  ano de traballo con concertos en toda Galicia e con artistas chegados de España e Portugal. Este será tan só un punto e seguido que marcan até o Festival Minho Reggae splash 2013 que este ano cruza o Miño para celebrar a súa cuarta edición en Galicia, na vila Tomiñesa de Goian, naprimeira fin de semana do mes de setembro.

Pero a última cita este venres, na sala Iguana, nunha gran festa que tamén quere ser un recoñecemento a todos os socios da asociación, os colaboradores e a xente que vén apoiando ao colectivo dende hai cinco anos. As actuacións arrancarán a partir das 23.00 horas, este venres, 21 de xuño. O custe do billete de entrada é de tres euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario