Realizaranse 15 rutas por todas as comarcas e o
prezo de cada viaxe será de 19,90 euros, dos cales 9,90 os achegará a
Deputación
MÁIS DE 20.000 PERSOAS PODERÁN PARTICIPAR ESTE ANO NO PROGRAMA COÑECE A TÚA PROVINCIA
Máis de 20.000 persoas participarán un ano máis no
programa Coñece a túa provincia que
impulsa a Deputación Provincial e que está a ter unha gran acollida. O
presidente da Deputación, Rafael Louzán, informou hoxe en rolda de prensa da
adxudicación da execución deste programa á empresa Halcón Viajes, que ofertará un total de 15 rutas por todas as
comarcas da provincia.
Cada unha destas rutas terá un prezo de 19,90 euros, pero
os participantes nas viaxes só terán que abonar 10 euros, dado que os 9,90
restantes os achegará a Deputación.
Louzán salientou o éxito deste programa desde a súa posta
en marcha. De feito, o incremento de participantes é constante e se en 2010
foron 10.000 as persoas participantes, en 2011 superáronse as 12.000 e o pasado
ano as 17.000.
Este ano agárdase aínda unha maior demanda, de forma que
se estima que máis de 20.000 persoas van ter ocasión de percorrer distintos
puntos da provincia para coñecer a riqueza paisaxística, monumental e cultural
da nosa provincia.
As asociacións que desexen acollerse a este programa
poderán facelo ata o 20 de xullo, como xa o fixeron o pasado ano un total de
340 colectivos.
O obxectivo deste programa é dobre, xa que por unha banda
se pretende fomentar o coñecemento dos recursos propios da provincia e, pola
outra, contribuír a dinamizar o turismo e a economía local.
As rutas abarcan todas as comarcas e son as seguintes:
·
1 Edificios da Deputación: Pazo Provincial, Palacete das Mendoza, Museo, Pazo de Lourizán, Castelo de
Soutomaior
·
2 Tabeirós-Terra de Montes: Pazo de Oca, Mosteiro de Carboeiro, fervenza do Toxa, conxunto etnográfico
de Codeseda
·
3 Deza: Mouriscade, Museo
Ramón María Aller, Fraga de Catasós, fábrica de queixos Pazo de Anzuxao
·
4 Marítima: ruta de
Arousa-O Grove con degustación de produtos das rías; visita á Illa de A Toxa,
ao miradoiro de monte Siradella e á praia da Lanzada
·
5 Enoturismo: Cambados,
con visita a adegas e degustación de viño; Museo etnográfico de Viño, Barrantes
e ruta dos muíños
·
6 Mosteiro de Armenteira: sumando a ruta da Pedra e da
Auga, pazo de Señoráns, e Monte do Castro.
·
7 Conxunto histórico de Combarro, mosteiro de Poio e mirador de Castrove.
·
8 Parque arqueolóxico de Campo Lameiro, Cerdedo, e conxunto histórico de Pontevedra
·
9 Redondela: conxunto
histórico, camiño de Santiago, praia e porto de Cesantes e Illa de San Simón
·
10 Cangas: Santo André
de Hío, cabo Home e costa de Soavela
·
11 Salvaterra de Miño: parque A Cernuda, paseo fluvial do Miño, e centro de interpretación do viño
e da Lamprea en Arbo.
·
12 Baiona: conxunto
histórico, fortaleza de Monterreal, carabela A Pinta, Virxe da rocha, Santa
María de Oia
·
13 A Guarda: Santa Trega,
mirador, porto; e conxunto histórico de Tui, catedral e paseo fluvial Miño.
·
14 Fervenza da Barosa en Barro, azucreira de Portas, miradoiro dos vales do Umia en Portas; e xa en Caldas
de Reis, exposición de Domingo Fontán, casco vello, ponte romana e termas.
Visita a Castrolandín en Cuntis.
·
15 Vigo: edificios
modernistas da cidade, Berbés, monte do Castro e monte da Guía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario