O BNG do Rosal presenta unha proposta no concello
contra a minaría salvaxe e contaminante
Hai plans que afectan ao
concello do Rosal
Infogauda / O Rosal
O Bloque Nacionalista Galego do Rosal, ven de presentar no rexistro do concello unha proposta, na que solicita da corporación un posicionamento contra da minaría salvaxe e contaminante.
O Bloque Nacionalista Galego do Rosal, ven de presentar no rexistro do concello unha proposta, na que solicita da corporación un posicionamento contra da minaría salvaxe e contaminante.
Segundo
o grupo nacionalista, a explotación dos recursos mineiros e particularmente dos
metais, está controlada por grandes empresas transnacionais que operan baixo
criterios especulativos aplicando prácticas neocoloniais. O seu alto prezo nos
mercados fai que a explotación e extracción procure beneficio rápido a costa do
grave impacto ambiental e riscos para saúde das persoas.
O
voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, indica que a maioría das
explotacións que actualmente perviven en Galiza, foron autorizadas en base a
normas aprobadas no réxime franquista, sen ter en conta o aproveitamento
sustentábel dos recursos mineiros. O aproveitamento de determinados recursos
mineiros debe ser considerado estratéxico, decidido desde Galiza en función dos
seus intereses, e tutelado desde os poderes públicos para garantir a
sustentabilidade ambiental e social dos proxectos.
Engade
Alonso Pereira, así mesmo, que ademais dos plans en marcha que xa hai no país,
hai outros, como é o da empresa canadiana Medgold Resources, que afectan tamén
ao concello do Rosal.
Asi
mesmo, di que os supostos beneficios económicos e de xeración de postos de
traballo non compensan os prexuízos ambientais e socioeconómicos derivados
doutros recursos naturais e a saúde humana.
Os permisos de investigación ligados á extracción de ouro implican o uso
de cianuro, unha substancia altamente tóxica, mesmo letal, un dos principais
contaminantes, que pode ter impactos graves e irreversíbeis na saúde humana, no
medio ambiente e destrutivos na diversidade biolóxica, e que está prohibido en
moitos estados do mundo.
“Existe
un clamor para que se suspendan os permisos e concesións en tramitación, que se
prohiba a macrominaría a ceo aberto e a minaría con cianuro, ademais da
necesidade de estabelecer avais suficientes e seguros de responsabilidade civil
que permitan cubrir a situación máis catastrófica que puidese ocorrer. E aínda
máis, que Galiza sexa soberana na explotación dos seus recursos, como a
minaría”, conclúe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario