3 de maio de 2013

O ROSAL

O BNG do Rosal denuncia o mal estado dun parque infantil nas Eiras e solicita o seu arranxo


“O mobiliario instalado está totalmente obsoleto e non cumpre ningunha norma de seguridade esixida na lexislación aplicable” di Alberte Alonso Pereira

Reportaxe fotográfica: Alberte Alonso Pereira
Responsábel Local e 
Voceiro do Grupo Municipal do BNG


Infogauda / O Rosal

O BNG presentou unha iniciativa no concello no que solicita a adecuación do mobiliario e zona de xogos situada na parroquia das Eiras a fin de adecuala ás normas de seguridade vixentes.

Segundo o voceiro municipal nacionalista, Alberte Alonso Pereira, nas Eiras, á beira da igrexa parroquial, hai un pequeno parque infantil que as crianzas utilizan para brincar no seu tempo libre. O estado e as condicións nas que se atopa é lamentábel, afirma. Papeleiras rotas e tiradas no chan, bambáns destrozados coas cadeas atadas de calquera maneira, tobogáns enferruxados,... é verdadeiramente desolador, incide Alonso Pereira.


Engade ademais, que o mobiliario infantil alí instalado está totalmente obsoleto e non cumpre ningunha das normas de seguridade mínimas esixidas na lexislación galega aplicable nin moito menos, as normas UNE para zonas de xogos infantís.

Ningún comentario:

Publicar un comentario