3 de maio de 2013

A GUARDA

A CIG-ENSINO convoca unha concentración na Alameda da Guarda para reclamar a readmisión dos traballadores despedidos no San Xerome

A CIG-Ensino convoca unha concentración na Alameda da Guarda este sábado 4 de maio, ás 11:30 h. A CIG-Ensino convoca esta concentración para reclamar a readmisión das catro persoas despedidas no centro San Xerome Emiliani.

A CIG-Ensino convida a toda a cidadanía, e moi especialmente aos pais e nais da Asociación San Xerome Emiliani, a que se acheguen á concentración para informarse da situación das persoas despedidas e de como isto lle afecta ao centro.

Desde o día 15 de abril as traballadoras e o traballador despedidos, acompañados por compañeiros de traballo, delegados sindicais, familiares, amigos e veciños da Guarda, véñense concentrando ante o centro diariamente desde as 9:30 horas. As persoas afectadas queren agradecer este apoio incansábel dos que día a día seguen acudindo a concentrarse con eles, así como outras mostras de afecto e solidariedade que están a recibir, mesmo dos propios usuarios.

A CIG-Ensino declara ademais publicamente que as persoas despedidas e os seus representantes laborais xa lle trasladaron á Xunta Directiva por escrito que solicitan a readmisión dos traballadores despedidos e que están á súa disposición para tratar este tema.



Concentración pola readmisión das/os despedidas/os:
Sábado 4 de maio desde as 11:30 da mañá,
Alameda da Guarda.


3 de maio de 2013
CIG-Ensino Baixo Miño
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario