20 de abr. de 2013

VAL MIÑOR


Posted: 19 Apr 2013 12:07 PM PDT
ducha-patos
A praia de Patos luce xa a primeira ducha de prepago de Nigrán. As polémicasduchas comezan así o seu proceso de instalación na costa nigranense a pesar do rexeitamento unánime da oposición. O colectivo de surfeiros e surfeiras das Rías Baixas que acuden á praia de Patos xa manifestaron o seu descontento no portal de surf galego SurfGZ.com  "Velaquí tedes o apoio do Concello de Nigrán ao surf nas Rías Baixas coa instalación das primeiras duchas de praia de pago nunha praia galega".

 
Posted: 19 Apr 2013 07:30 PM PDT
UCN denuncia o sobrecusto das duchas de pre-pago de Nigrán
O portavoz de UCN-CDL, Antonio Fernández, denuncia un sobreprezo encuberto na posta en marcha das polémicas duchas públicas de pre-prago nos areais de Nigrán.

Fernández calcula en 30.000 euros o prezo do sobrecusto non incluído no contrato, e que deberá aportar o concello para poder suministrar tarxetas electrónicas e no suministro do fornecemento eléctrico.
 
Posted: 19 Apr 2013 07:18 PM PDT
Bolsas co lixo acumulado recollido na praia de Panxón - CC BY CxG
Na pasada madrugada do sábado 11 de abril, os galeguistas organizaron unha recollida manual de plásticos e redes na praia de Panxón logo das súas críticas polo estado que presentaban os areais.

 
Posted: 19 Apr 2013 06:44 PM PDT
Restos do espazo onde se atopaba a duna.
Os socialistas formaliza unha denuncia ante da Dirección Xeral de Costas pola desaparición de parte dunha duna en Praia América (Lourido).

Os PSOE advirte que o concello destrozou 100metros do espazo protexido das dunas de Lourido-Panxón, sen contar con ningún tipo de autorización por parte da dirección xeral de costas nin da Consellería de Medioambiente.
 
Posted: 19 Apr 2013 08:45 AM PDT
cxg-pazo-mendoza
- A presentación estivo presidida polos nacionalistas Pepe Valverde (Gondomar), Xoaquín Dacosta (Gondomar) e máis Jesús Recouso (Nigrán).

A formación nacionalista Compromiso por Gallicia (CxG) presentouse oficialmente na bisbarra ca fin de desenvolver un proxecto de traballo nos tres concellos do Val Miñor. A instancia tivo lugar o martes pasado no Pazo de Mendoza de Baiona, onde tamén foi dada a coñecer unha proposta para incentivar a reactivación da economía da bisbarra, nomeadamente a través dun plan de emprego e turismo.
 
Posted: 19 Apr 2013 04:59 AM PDT
beira-ngb-3
ANOVA – Irmandade Nacionalista do Val Miñor anuncia o seu apoio á manifestación convocada polas plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas de Vigo e do Val Miñor que terá lugar este sábado 20 de abril na cidade olívica. A agrupación nacionalista convoca á veciñanza a participar da mesma, concentrándose ás 11 horas no cruce das rúas Aragón e Genaro de la Fuente, no Calvario.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario