28 de mar. de 2013

EUROCIDADE VALENÇA - TUI

Andaina saudable eurocidade 2013 "Rego da pedra"

Vitor Salvador / Valença - Tui

Este domingo 31 de marzo, ás 10.00 horas españolas, terá lugar o segundo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade 2013, que terá a súa saída dende a Casa Forestal do Monte Aloia.  Esta segunda andaina percorrerá unha distancia de 8 qm, sendo a dificultade baixa e tendo unha duración aproximada de dúas horas.  Para todas aquelas persoas que non coñezan a Casa Forestal, quedarase ás 09.50 horas españolas no Centro Interfederado de Tui, dende onde partiremos ata a Casa Forestal.  Para tódos participantes entregarase un podómetro con radio, así como avituallamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario