AS VOSAS IMAXES
A VILA DE A GUARDA REXISTROU UN TORNADO NA MAÑÁ DESTE SÁBADO DÍA 9 DE MARZO DE 2013
Fotografía: Belen Lago
Fotografía: Miguel Pacheco González
Infogauda / A Guarda
O mediodía deste sábado día 9 de marzo de 2013, rexistrouse un forte lóstrego cuio trono sorprendeu os veciños de A Guarda e súa contorna. Un raio caiu a moi pouca distancia de onde se atopaban ensaiando uns mozos guardeses, preto da réplica da Atalaia. Logo de producirse ese fenómeno atmosférico, caiu un pedraceiro. Ata eiquí, entra todo dentro da aparente normalidade de un día de inverno. Pero o máis sorprendente foi á constatación de dous tornados que - segundo nos informa Miguel Pacheco González -, xunguíronse.
A vista das imaxes de Miguel Pacheco e de Belen Lago, todo indica que xurdiron desde a superficie do mar, formando dous furacans, sen que polo de agora teñamos constancia de danos persoais, ainda que houbo danos materiais, xa que segundo a Policía Local de A Guarda, resultaron danados uns 30 metros da Senda Litoral e as cubertas da vella oficina de Butano e dunha das naves do almacén de materiais de construcción de Cividanes Martínez, na estrada de Circunvalación.


Ningún comentario:
Publicar un comentario