9 de mar. de 2013

O ROSAL

PRAXÍTELES GONZÁLEZ MARTÍNEZ PRESENTA SEU LIBRO "YO TAMBIÉN FUÍ CONTRABANDISTA EN EL ESTUARIO DEL MIÑO"

- O acto terá lugar este sábado día 9 de marzo, ás 18:00 h., no recinto da Feira de San Gregorio, en Pías (O Rosal)


Infogauda / O Rosal

Dentro da programación de actividades incluidas na Feira de San Gregorio, que se celebra esta fin de semana en Pías (San Miguel), compre salientar que este sábado ás 18:00 h., no recinto feiral, terá lugar á presentación do libro "Yo también fui contrabandista en el estuario del Miño", da autoría do escritor e investigador de temas locales, Praxíteles González Martínez.
Ademais do autor da publicación, o acto contará coa participación de Ricardo Rodríguez Vicente - autor do limiar deste novo libro de Praxíteles González - que efectuará unha breve intervención sobor da actividade que se reflicte no amplo contido do libro, que conta con dous centos de páxinas e unha ampla selección de imaxes, tanto de arquivo como da autoría de Praxíteles González Martínez. 
Como indica o autor do limiar do libro "Yo también fuí contrabandista en el estuario del Miño", "(...) A achega de Praxíteles González Martínez á Cultura rosaleira e baixomiñota, en particular, así como á galega, en xeral, está fora de toda dúbida. Proba do que decimos son seus libros “Embajadores del infierno. Historia y lenguaje de los cabaqueiros” (1ª edición, O Rosal, 1995; 2ª edición, O Rosal, 1996); “Riberas del “Baixo Miño": sus gentes, usos y costumbres” (O Rosal, 1997); “A terra das nosas raíces. Topónimos e motes do Rosal e A Guarda” (O Rosal,  2000). Estamos falando de un autor, que ten pubricado tanto en língua materna – o galego -,  como en castelán, e que ademáis do mérito das súas iniciativas bibliográficas, ten asumido do seu peto, os custes da redacción,  edición e distribución dos seus libros, o que aínda é moito máis meritorio. A Praxíteles González Martínez, cábelle á honra tamén de que seus libros son citados como referencias bibliográficas, por diferentes investigadores de prestixio, pois hai neles – nomeadamente nos editados no idioma matrio - toda unha xenerosa aportación o corpus lexigráfico da língua galega. Estamos referíndonos obviamente, a un escritor que por decisión própia está sendo o cronista de un tempo de outrora. Seus libros constitúen unha parte moi importante da memoria colectiva, que compre continuar a recuperar i espallar, como Praxíteles González Martínez, o ven facendo (...)". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario