7 de feb. de 2013

VAL MIÑOR


Posted: 06 Feb 2013 06:04 PM PST
O veciño acudiu ás cámaras de VIA TV ante a pasividade das adminsitracións - Imaxe: VIA TV
Un veciño de Panxón acude ás cámaras de VIA TV para denunciar a pasividade do Concello de Nigrán e a Dirección Xeral de Costas nun desprendemento da calzada na estrada de Area Fofa nos cantís de Monteferro.

Denuncia que leva 15 meses reclamando unha solución ao problema sen chegar a ningún compromiso por parte das administración que "se pasan la pelota unos a otros".
 
Posted: 06 Feb 2013 05:27 PM PST
candido pazo
"Pregoar o entroido (ou intruido, como diciamos nos arredores de Vigo) convidado por unha institución ten un algo de contrasentido". Así responde o polifacético actor e creador Cándido Pazó, ante a consulta de Valminor.info sobre a súa próxima presenza comopregoeiro no Entroido de Gondomar"O carnaval naceu como unha celebración antiinstitucional, unha ocasión para finxir ser o que non se era e así poder dicir o que non se dicía. Ou simplemente divertirse, en tempos nos que a diversión era considerada case subversiva", sinala o popular animador

 
Posted: 06 Feb 2013 04:41 PM PST
entroido-gondomar-2012
- O desfile-concurso celebrarase o domingo 10 a partir das 16.00 horas e percorrerá as rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz

O encargado de abrir esta xornada organizada pola Concellaría de Festexos, será o actor Cándido Pazó, que recitará o tradicional pregón deste Entroido 2013 de Gondomar. Pola súa banda, o dúo Azar presentará e amenizará o desfile.
 
Posted: 06 Feb 2013 05:11 PM PST
-Trece comparsas procedentes de Redondela, Vigo, Nigrán, Gondomar, Tomiño, Baiona e Santa María de Oia disputaranse o primeiro premio.
 
Posted: 06 Feb 2013 04:52 PM PST
Este xoves 7 de febreiro terá lugar no Centro Neural de Gondomar a asemblea xeral de socios da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI). A primeira convocatoria terá lugar ás 20:00h e a segunda ás 20:30h.
 
Posted: 06 Feb 2013 06:41 AM PST
O Rías Baixas Bike Race terá ao Val Miñor como base da proba
O Val Miñor será esta semana Santa o núcleo das actividades das Rías Baixas Bike Race, unha das citas de mountain bike máis importantes da península, coa disputa de dúas das tres etapas en Nigrán e Gondomar.

Espérase a participación próxima aos 300 ciclistas procedentes de toda España e Portugal.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario