6 de feb. de 2013

TOMIÑO

RESPOSTA MASIVA DO PÚBLICO Á FEIRA DE ARTESANÍA DE ARCO DURANTE A FIN DE SEMANA

As demostracións en vivo e os obradoiros infantís foron dous dos puntos fortes da mostra
A feira de artesanía “Namor-Arte” organizada a pasada fin de semana en Tomiño, obtivo o respaldo decidido do público, que acudiu  de forma masiva, especialmente ao longo do domingo.

A mostra, instalada no Campo da Feira, resultou un emprazamento ideal, xa que os pequenos puideron disfrutar do parque infantil e campos de xogos anexos.

Entre as principais atraccións da actividade, contáronse as diferentes demostracións en vivo realizadas polos artesáns, e entre as que destacaron especialmente as de torneado de madeira, cristal, pirogravado e cestaría. 
Igualmente atractivo resultou o tío vivo ecolóxico, que moitos nenos e nenas quixeron experimentar.

Romy Ottaviani, presidenta de ARCO, valorou moi positivamente a actividade a última hora do domingo, asegurando que se superaron as expectativas de asistencia, vendas e contactos para posibles operacións comerciais.

Tamén as asociacións solidarias presentes na feira (Banco de Tapóns, Mercado Solidario e SOS Tomiño), tiveron bos resultados e puideron comprobar, unha vez máis, a solidariedade do pobo tomiñés e do resto da  comarca.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González e a concelleira de Cultura, Cristina Martínez, percorreron a mostra e manifestaron tamén a súa satisfacción pola boa acollida da actividade e o movemento de xente que provocou na vila durante toda a fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario