6 de feb. de 2013

DEPORTES

Damián Alonso Alonso, de A Guarda proclamouse Campión de Europa de ergómetro

O remeiro guardés busca patrocinador para acudir ao Mundial de Boston
      Damián Alonso Alonso amosando súa medalla de Campión de Europa de remo ergómetro, conquerida en Essen (Alemania)

Infogauda / A Guarda

No recente campionato de Europa de ergómetro, disputado  en Essen (Alemania), o remeiro guardés Damián Alonso obtivo a primeira posición na categoría peso lixeiro 30-39, proclamádose Campión de Europa cun tempo de 6.22:1, avantaxando en 2'' ao segundo clasificado, o británico Mark Mitchell (6.24:1).
Nunha disputadísima regata, o remeiro guardés conseguiu a primeira posición desde os primeiros metros, e cunha pequena vantaxe de 2'' ao paso dos primeiros 500 m mantivo baixo control aos seus perseguidores non deixando que se lle achegasen durante toda a proba, de 2.000 metros.
Nestes intres, Damián Alonso anda na procura de patrocinio para poder participar no Campionato do Mundo que se celebrará o vindeiro 17 deste mes de febreiro en Boston (Estados Unidos).

Ningún comentario:

Publicar un comentario