8 de feb. de 2013

TOMIÑO

MIL CINCOCENTAS PERSOAS PARTICIPARÁN NAS COMPARSAS DO DESFILE DE ENTROIDO DESTE VENRES EN TOMIÑO 

O “Venres de Foliada” é un dos desfiles máis multitudinarios da comarca.   

O desfile de Entroido “Venres de Foliada”, reunirá hoxe en Tomiño, na súa XVI edición, a 1500 persoas membros das  comparsas e carrozas participantes.  A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, confirmou a asistencia das comparsas más importantes da vila, entre as que se atopan Revolución Show, Estrelas da Noite, Luces de Tomiño e Os Terribles de Tebra, así coma doutras menos numerosas procedentes non so do municipio, senón tamén doutros puntos da comarca e do sur de Galicia (Mos, Vigo, San Xenxo, Soutomaior, Pontevedra, etc.).  A edil indicou que co fin de que o desfile non se alongue moito, coma sucedera outros anos, a saída será moi puntual (21.30 horas), desde a zona próxima ao colexio Pedro Caselles.  O Venres de Foliada é un dos desfiles máis multitudinarios da comarca. Exemplo disto son as 8000 persoas que asistiron o ano pasado coma público.  En caso de chuvia, a actividade pasaríase ao venres seguinte, día 15 de febreiro, á mesma hora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario