8 de feb. de 2013

GALICIA


Á INICIATIVA DO BNG, O GOBERNO GALEGO EMPRENDERÁ ACCIÓNS PARA RESOLVER OS RISCOS   DE  NAVEGACIÓN  NA DESEMBOCADURA DO MIÑO

A deputada Carme Adán reclamou hoxe na Comisión de Pesca  resolver a inseguridade na navegación da desembocadura do Miño provocada polo deficiente estado do balizamento do canle do transbordador de A Guarda a  Camiha

Infogauda / Santiago de Compostela

 A deputada do BNG Carme Adán denunciou hoxe no Parlamento galego a “inseguridade e perigosidade” para a navegación na desembocadura do Río Miño por mor do “deficiente estado do balizamento” que sinala o canle do transbordador entre Caminha e A Guarda.
A proposición non de lei  nacionalista foi aprobada por unanimidade na Comisión de Pesca polo que o Goberno galego comprometese  a iniciar as xestión necesarias para resolver a inseguridade de navegación entre Caminha e A Guarda.
A  deputada lembrou que os pescadores do río Miño  víronse gravemente afectados na súa actividade polo deficiente estado do balizamento do canle do transbordador que mesmo provocou graves accidentes como o acontecido o pasado 11 de novembro de 2012.
A parlamentaria lembrou que a propia Comandancia Naval do Miño, en resposta aos requirimentos do Grupo Municipal do BNG en A Guarda, recoñeceu a situación de risco para a navegación no río a altura dos municipios de Caminha e A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario