9 de feb. de 2013

A GUARDA


ESQUERDA UNIDA INFORMOU DOS RECORTES QUE A EMPRESA ATSA TEN PROXECTADO EN TÓDOLOS ITINERARIOS DO BAIXO MIÑO




Esquerda Unida desenvolveu o pasado xoves unha xuntanza no Centro Social Fuscalho (A Guarda), para informar dos recortes que a empresa ATSA ten proxectado realizar no trasporte que fae en todos o itinerarios do Baixo Miño. 

Os veciños da Guarda asistentes a mesma decidimos presentar alegacións ante a Xunta de Galiza, por verse moi perxudicados na nosa mobilidade para acudir ao traballo, a citas de especialistas médicos, estudos, etc.

Co tal motivo con esta data iniciamos unha recollida de sinaturas apoiando as alegacións as medidas de recortes, que en bloque presentaremos o venres día 15 (vencemento do plazo de presentacións).

Ningún comentario:

Publicar un comentario