9 de feb. de 2013

A GUARDA


ATSA QUERE FACER RECORTES NOS SEUS VIAXES

O Centro Democrático Liberal da Guarda participou na  reunión mantida no centro social Fuscallo o pasado xoves, onde se informou a os presentes das futuros recortes no transporte público de viaxeiros entre A Guarda – Tui e Vigo, e A Guarda – Baiona e Vigo. Este ofrecemento ben dado pola empresa ATSA a Xunta de Galicia, onde lle pide o recorte de distintos viaxes.





A Xunta de Galicia abriu un prazo de alegacións para estudar ditos recortes. O prazo de presentación de alegacións remata o venres día 15 de febreiro.
Ante estas noticias o Centro Democrático Liberal da Guarda convocará unha reunión, onde estarán convidados o Centro Democrático Liberal das localidades de: Nigrán,  Gondomar, A Guarda, Tomiño, Mos e Vigo co presidente Federal de Galicia, deste mesmo partido, onde se decidirá un calendario de actos.
Dende o Centro Democrático Liberal da Guarda, manifestamos a nosa repulsa ante ditos recortes e opta porque se estude un plan de transporte de viaxeiros estilo o plan de transportes da área metropolitana. 

Xermán Cordero Verde
Presidente do Centro Democrático Liberal da Guarda



Ningún comentario:

Publicar un comentario