8 de dec. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 07 Dec 2012 02:01 PM PST
paradorBaiona
-O parador está funcionando só co xefes de seccións e persoal contratado. Un grupo de traballadores acampará durante a madrugada ás portas do parador.

- O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, rexeitou o convite dos traballadores para participar na marcha deste sábado.
- O BNG de Baiona presenta unha moción a prol de reverter a decisión da empresa, e en rexeitamento da actitude do goberno de Mariano Rajoy que apoia o ERE.
-CC.OO., UGT, CIG, BNG, PSOE e EU confirman a súa participación na marcha das 5 da tarde deste sábado.
 
Posted: 07 Dec 2012 10:21 AM PST
anova pxom
Os cinco concelleiros non adscritos decidiron facer público o documento do PXOM de Gondomar "porque os políticos non somos unha casta superior que deba ter máis privilexios que o resto da cidadanía", afirman. A documentación pódese descargar na web de ANOVA Gondomar, grupo político ao que responden os concelleiros escindidos do BNG, que deste xeito, contraveñen a orde do goberno municipal que restrinxe o seu  acceso ao grupo de concelleiros integrantes do Pleno.

 
Posted: 07 Dec 2012 09:17 AM PST
image 13
A fin de semana do 15 e 16 de Decembro celebraranse en Nornasvarios obradoiros para comezar o Nadal con bo pé. O sábado 15 de decembro terá lugar un obradoiro para adultos de escritura escrita, a cargo de Silvia Penas e Elvira Riveiro, gañadoras doPremio de Poesía Victoriano Taibo (2008). Pola tarde, La Despensa de Yolanda impartirá un obradoiro sobre a elaboración de Cupcakes e galletas de Nadal. Finalmente o día domingo 16, Penas e Riveiro impartirán un obradoiro de escritura creativa para cativos. Nos tres casos Nornas convidará a un café con boliño. Para obter información ou inscribirse pódese chamar ao teléfono 986363604 ou escribir ao mail info@nornashostel.com

 
Posted: 07 Dec 2012 09:00 AM PST
parador folga
Tras a presentación dun ERE ,por parte da dirección, en Paradores de Turismo de España, os motivos para a convocatoria dunha folga a nivel nacional multiplícanse.

Como xa informamos, estase a desenvolver, entre hoxe e mañá, unha folga nos Paradores de Turismo de España. Os traballadores xustifican a medida na defensa da negociación do convenio que leva bloqueado tres anos, e a aplicación do decreto que elimina a paga de decembro aos traballadores desta empresa pública. A estes motivos engádese a presentación do ERE que anunciou o pasado luns a dirección da empresa e que estará igualmente presente nas reivindicacións destas dúas xornadas de folga.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario