- O cerebro das persoas maiores, máis proclive ante as estafas e os enganos.
- Os traballadores reclamaron a dimisión da presidenta de Paradores durante a marcha en Baiona.
- O Euromillones deixa en Baiona un boleto gañador con 55.542 euros.
- Maxia, obradoiros, concertos e moita festa para celebrar o V Aniversario de Berra! Val Miñor.
- Contomar ofrece este luns lecturas de Nadal con contos de días de Reis e historias dos Bolechas
|
Posted: 09 Dec 2012 12:35 PM PST
O Mercado da Tía Ni de Sabarís anuncia un rastro de Nadal que terá lugar nas súas instalacións da Rúa Julián Valverde, os días 14, 15 e 16 de decembro. Como parte da actividade, terá lugar unha exposición de esculturas de Víctor Lorenzo e Gabi Carrera, así como a visita de Mamá Noel para recoller as cartas de nenos e maiores.
|
|
Posted: 09 Dec 2012 04:46 AM PST
Que haxa maior número de persoas de avanzada idade na estafa das preferentes e subordinadas de Nova Galicia Banco ou mesmo que o voto electoral dunha parte do electorado con mayor idade se decante por algúns candidatos/as que atesouran un pasado delictivo, podería ter explicación segundo un estudo realizado por investigadores de EEUU. As persoas maiores miran honestidade en rostros que os demais consideran de pouco fiar, sendo fáciles vítimas de estafas.
|
|
Posted: 09 Dec 2012 12:34 AM PST
Medio millar de manifestantes acompañaron as mobilizacións desenvolvidas este sábado na vila de Baionaen contra do ERE e o peche de establecementos decretado por Paradores de Turismo de España. Baixo a consigna "Basta de vividores en paradores", os traballadores dos paradores de Baiona e Tui, pediron a dimisión da presidenta de Paradores Nacionales, Ángeles Alarcó, á que responsabilizan da mala xestión da empresa.
|
|
Posted: 09 Dec 2012 01:21 AM PST
|
|
Posted: 09 Dec 2012 12:07 AM PST
|
|
Posted: 08 Dec 2012 10:52 PM PST
A Biblioteca Municipal de Gondomar albergará outra tarde de contos e historias compartidas para cativos a partir dos 3 anos este luns ás 18 horas. O espazo Contomar, creado e animado pola Asociación Espazo Lectura, prepara varias lecturas para esta sesión do Nadal, entre elas o libro de Chema Heras, Cando Martiño tivo gañas de mexar na Noite de Reis. Tamén estarán presentes as historias dos Bolechas, de Pepe Carreiro, coa historia Os Bolechas van de pesca.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario