A DEPUTACIÓN E O MINISTERIO DE INDUSTRIA INVISTEN 2,5 MILLÓNS EN CREAR UNHA PLATAFORMA TECNOLÓXICA QUE POSIBILITARÁ O TURISMO 3.0 CON XESTIÓN CENTRALIZADA E INFORMACIÓN EN TEMPO REAL DENDE UN ÚNICO PUNTO DE ENTRADA QUE POSIBILITA AO VISITANTE NOVOS CANAIS VIRTUAIS
Formarán
individualmente ás empresas no seu manexo para mellorar a súa competitividade
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra asinou hoxe un
convenio coa Escola de Organización Industrial (EOI) do Ministerio de Industria
para desenvolver o proxecto «Smart Destinations Pontevedra: Modelo de
vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio».
O proxecto consistirá na posta en marcha de
iniciativas de I+D+i en pequenas e medianas empresas para mellorar a súa su competitividade. Tén como obxectivo
canalizar a oferta e a demanda de servizos, cunha oferta personalizada de forma
intelixente en función do visitante, e a implantación dun proxecto de colaboración entre empresas e
institucións do sector turístico onde se favoreza a interrelación de todos os
axentes, a creación dunha plataforma integrada intelixente de servizos
turísticos e a implantación de ferramentas de comunicación que xestionen a información
de forma áxil.
Inversión e resultados
O orzamento do proxecto é de 2,5 millóns de
euros: 500.000 aportados pola Deputación e o resto pola EOI con cargo
ó Programa RISC, que conta con financiación do Fondo Europeo de Desarrollo Rexional e do Ministerio de Industria.
O
proxecto terá como resultado a creación dunha ferramenta avanzada de Xeoreferenciación
e consulta de información turística; o Turismo personalizado e fidelización de
clientes; a creación de Puntos verdes de información turística, dunha Interfaz
de actualización de información; dunha Plataforma para a integración de
información contextual do entorno e dunha ferramenta avanzada de elaboración de
rutas turísticas, así como dunha Interfaz de xestión de bitácora
Adaptado ás necesidades concretas de cada empresa
A
Plataforma transformará o Turismo 1.0
actual noutro que incluirá a interacción cos usuarios (2.0) e con información
en tempo real relacionada (3.0). E centralizará e xestionará toda a información
turística dende un único punto de entrada proporcionando ao visitante tanto
puntos físicos de información como novos canais
virtuais.
No acto de sinatura
do convenio e de encontro con 300 profesionais do sector das Rias Baixas,
Fernando Bayón, presidente do EOI, explicou que hoxe o sector está en proceso de cambio
, dixo.
Para él, as Novas Tecnoloxías son fundamentais para un mercado globalizado no
que, por primeira vez na historia, a distancia perdeu protagonismo. Por eso,
según dixo, é preciso desestacionalizar a oferta algo que non é posible só cunha
oferta de proximidade.
O proxecto
adaptaráse ás necesidades concretas das empresas e estará operativo o vindeiro
mes de xuño. Ata entón, a Deputación e o EOI ofrecerán asesoría personalizada
aos hoteleiros para aprender a manexar a Plataforma tecnolóxica turística
intelixente e dinamizarán o proceso de cambio de usos co obxetivo da
inmediatez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario