6 de dec. de 2012

O ROSAL

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CELEBRARÁ Á FESTIVIDADE DE SANTA ICÍA, O SÁBADO, 8 DE DECEMBRO



Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

A Agrupación Musical do Rosal, celebrará á festividade de Santa Icía o vindeiro sábado día 8 de decembro.
Os actos comezarán ás 17,30 h. cunha misa na honra da patroa dos músicos na Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal, que estará acompañada polo grupo de metais.
Ás 20,00 h. no auditorio municipal terá lugar o concerto da banda Agrupación Musical do Rosal, baixo a batuta do seu novo director Marcel v
an Bree, sendo este o seu primeiro concerto no noso auditorio. Tamén realizarán a súa presentación 12 novos compoñentes formados na escola de música que pasarán a formar parte da nosa agrupación.
O programa que interpretarán comezará co pasodobre Churumbelerías de Emilio Cebrián; a obra para óboe e banda El Bosque Mágico de Ferrer Ferrán na que o solista será Avelino Ferreira López; as variacións sinfónicas "Non potho reposare" de Hardy Mertens e rematarán co Tango das Danzas Sinfónicas, de Yosuke Fukuda.
Esperamos que estes actos sexan do voso agrado e pasedes con nós unha boa tarde de música.

Ningún comentario:

Publicar un comentario