- APRODEGO proponse revivir o antigo mercado da Paradela en Gondomar.
- O Racing Vilariño celebra a ponte cun Torneo de Fútbol 7 no campo de San Pedro.
- Nigrán anuncia que acende as súas luces do Nadal cunha redución do gasto superior a un 16 %.
- Alumnos do Centro Ocupacional Juan María enxoian os establecementos comerciais do Val Miñor, cara o Nadal.
- Este xoves ás 18 horas inaugúrase a iluminación de Nadal no concello de Gondomar
- Os afectados pola estafa das preferentes de NovaGaliciaBanco atopánse nunha situación desesperada
- O ERE de Paradores de Turismo despide a 10 membros da plantilla de Baiona e modifica as condicións laborais doutros 64.
|
Posted: 05 Dec 2012 01:52 PM PST
A recentemente creada Asociación por el Progreso y Desarrollo de Gondomar (APRODEGO) anuncia a creación dun rastro tradicional que terá lugar tódolos domingos ata o 6 de xaneiro. Co obxectivo de dinamizar a vida comercial e cultural do municipio, o rastro terá carácter aberto para que tanto comercios, asociacións socias e veciños podan participar con postos no evento, informou a empresaria Rosa María Álvarez, presidenta de APRODEGO. Os interesados en solicitar un espazo no rastro deberán comunicarse aos teléfonos 676479488 ou 691510202. Os mesmos se entregan totalmente de balde.
|
|
Posted: 05 Dec 2012 12:49 PM PST
|
|
Posted: 05 Dec 2012 12:37 PM PST
|
|
Posted: 05 Dec 2012 12:21 PM PST
Un proxecto levado adiante entre a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), co Centro Ocupacional Juan María está a enxoiar os establecementos comerciais da bisbarra. Os viandantes xa os están a atopar dende a semana pasada por diversas rúas do Val Miñor, rechamantes alfombras vermellas ás portas dos comercios e un abeto cos típicos adornos son o símbolo da chegada do Nadal á comarca.
|
|
Posted: 05 Dec 2012 11:59 AM PST
|
|
Posted: 05 Dec 2012 01:36 AM PST
A plataforma de afectados pola estafa das preferentes do Val Miñor explican a situación e os motivos do peche que manteñen dende o pasado luns na oficina de NovaGalicia Banco en Gondomar.
Os manifestantes manterán a sua protesta durante todo o nadal incluídas as datas de festividade máis sinaladas.
Algúns afectados viven situacións tan "kafkianas" como a de atoparse con ordes de embargo por impago da hipoteca da mesma entidade que lles ten secuestrados os seus propios aforros.
|
|
Posted: 04 Dec 2012 04:16 PM PST
-A dirección de Paradores de Turismo anunciou este martes, entre outras medidas de recortes o despidta de 10 traballadores en Baiona.
-O comité de persoal convoca a tódolos veciños do Val Miñor a acompañar as mobilizacións previstas durante a folga convocada para os vindeiros venres e sábado en Baiona.
-O ERE plantexado pola empresa estatal conta co visto e prace do ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, quen afirmou que de non facelo Paradores entrará en "situación concursal y de suspensión de pagos".
-O parador de Tui terá un peche temporal de 5 meses e os traballadores pasarán ao paro durante 4.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario