9 de dec. de 2012

GALICIA

“RecitandoCelsoemiliO”, para que “Deitado frente ao mar” soe en milleiros de voces

                                                         Celso Emilio Ferreiro

Recoller a forza da palabra de Celso Emilio. Este é o obxectivo da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) que preparan para o próximo marte día 12 do mes 12 do ano 2012 unha acción colectiva nos centros de ensino que consistirá en recitar “Deitado fronte ao mar”. O programa “RecitandoCelsoemiliO” convida tamén a mover as redes sociais na lembranza do poeta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario