7 de dec. de 2012

CINEMA

Vikingland: única película española seleccionada por Cahiers du Cinema



Informa: Gustavo González Rodríguez

O filme do guardés Xurxo Chirro está presente entre os mellores filmes do ano 2012 da prestixiosa revista Cahiers du Cinema. Unha clasificación publicada no número do mes de decembro (nº 684), na súa páxina 6. O filme atópase situado no quinto posto da lista de dez filmes indicados polo crítico Nicolás Azalbert.
O crítico sinala que o filme permanece “inédito” das salas comerciais, a pesar de que o filme tivo a súa estrea en Francia, concretamente no FIDMarsella. Vikingland estivo presente en máis dunha ducia dos máis prestigiosos festivais internacionais. Recentemente foi proxectado no Museo Nacional de Arte Contemporáneo Reina Sofía e no vindeiro mes de febreiro tamén se poderá ver no Bilboarte e na Cinemateca de Madrid.
Vikingland é o único filme español que nomea a mítica revista de cinema francesa na que escribiron nomes como Godard, Truffaut, Rivette, Rohmer... Para Chirro “estar presente nesta listaxe supón un grande recoñecemento. Para min é un soño verme á mesma altura de directores como Coppola, Ferrara, Kiriostami... Unha presenza moi a ter en conta máis aínda cando Vikingland foi o único filme español nomeado polos críticos de Cahiers á hora de sinalar as mellores producións cinematográficas do mundo neste ano 2012”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario