6 de out. de 2012

VILADESUSO (OIA)

O CONCELLEIRO DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE OIA REITERA SÚA PETICIÓN DE QUE SE CORRIXAN ÁS DEFICIENCIAS NAS OBRAS EN PORTO SENÍN

Infogauda / Oia

Cando se fan intervencións con cartos públicos deberíase facer un seguimento máis de preto de como se empregan os recursos económicos necesarios para acometer os traballos previstos. Se ademáis, eses traballos non están sendo desenvolvidos como era de agardar, para que o resultado das obras non poña en risco á seguranza viaria, benvidas sexan ás indicacións oportunas para correxir o que sexa  preciso, denantes de que se sexa demasiado tarde. Iso foi o que con bon criterio fixo o concelleiro do Grupo Municipal do BNG no concello de Oia, J. Miguel Giráldez. Puxo en coñecemento unhas deficiencias que obtiveron unha puntual resposta escrita, máis a día de hoxe non se materializaron "in situ" na súa totalidade. E iso, coidamos desde Infogauda, non demostra á sensibilidade que os representantes da Administración deberan ter cando os cartos que se invisten son públicos, e cando ás actuacións son susceptibles de seren melloradas para logo non ter nada que lamentar. 
Deseguido reproducimos íntegramente o novo escrito remesado polo concelleiro do BNG, J. Miguel Giráldez.


EN RELACIÓN O ILLOTE DE PORTO SENÍN (PO-552), A CONTINUACIÓN ENVÍO NOVO ESCRITO QUE ENVIEI A DIRECTORA DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUCTURAS


Estimada Ethel:

Agradezo a súa pronta reposta e as instruccións dadas a Dirección de Obra, pero a empresa adxudicataria non debeu entender ben ditas instruccións, xa que:

1) Só se "correxiu" a beiravía estreita e o seu desnivel na marxe dereita do illote. Na marxe esquerda hai treitos nos que o transito peonil é perigoso, polos mesmos motivos.

2) A empresa adxudicataria "correxiu" a beiravía estreita e o seu desnivel con xabre/zahorra, un material árido pouco resistente as correntes de auga que hai nese treito cando chove. Dubido que ese treito, con esa solución, resista as choivas deste inverno. (VER IMAXE ADXUNTA)
Polo que SOLICITO, que se corrixa a beiravía estreita e o seu desnivel con asfalto e tamén se corrixan as deficiencias na marxe esquerda do illote.

Graciñas de antemán.

Un cordial saúdo,

Miguel Giráldez
Concelleiro do BNG de Oia   





ESCRITO ORIXINAL:
A quen corresponda na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia: 
No Concello de Oia, a empresa ACCIONA INFRAESTRUCTURAS, S.A. está rematando no PK 29,7 (aprox.) da PO-552 no lugar Porto Senín da parroquia de Viladesuso unha "isleta" que non cumpre as medidas mínimas de seguridade, resultando moi perigoso para os peóns, xa que os arcéns ou bermas asfaltadas ten medidas irregulares e en algúns puntos menos de 60 cm de ancho, ademais o escalón con respecto a cuneta (zona sen asfalto) e de máis de 15 cm. O máis sangrante e que se dispón de espazo para asfaltar bermas máis anchas, pero a seguridade dos viandantes non debe ser o máis importante para a empresa constructora e tampouco para as autoridades competentes.
A maiores hai que engadir que ninguén solicitou dita obra en Porto Senín e que agora non hai zona de estacionamento para os veciños e veciñas, pescadores e surfeiros que disfrutan desa zona da costa de Viladesuso. 
Sen embargo mantense a molesta "depuradora" contra a que se ten manifestado a veciñanza da parroquia, polos seus malos cheiros e por verter a residuos sen depurar.
A espera dunha pronta resposta, reciban cordiais saudos.
Miguel Giráldez
Concelleiro do BNG en Oia



Escrito de resposta que lle remseou a Directora da Axencia Galega de Infraestructuras o concelleiro do BNG no concello de Oia

Ningún comentario:

Publicar un comentario