MARCEL VAN BREE, NOVO DIRECTOR DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL
Marcel van Bree
Infogauda / O Rosal
O holandés Marcel van Bree, afincado en Galicia dende 1992, é o novo director da Agrupación Musical do Rosal. Será, tamén, o director da Escola de Música. Esta mesma fin de seman realizou os primeros ensaios ó frente da banda, sendo a sua primeira actuación o próximo día 12 de outubro nas festas padroeiras do pobo rosaleiro.
Infogauda / O Rosal
O holandés Marcel van Bree, afincado en Galicia dende 1992, é o novo director da Agrupación Musical do Rosal. Será, tamén, o director da Escola de Música. Esta mesma fin de seman realizou os primeros ensaios ó frente da banda, sendo a sua primeira actuación o próximo día 12 de outubro nas festas padroeiras do pobo rosaleiro.
Ainda que tamén foran admitidas para face-las probas coa Banda de Música, Luis Miguel dos Santos Clemente (Évora - Portugal, 1977), David Fiuza Souto (Vila de Cruces _ Pontevedra), Andrea Gasperin (Italia), Vicent Pelechano í Barberá (Alfarp - Valencia) e Marcel van Bree (Meijel - Holanda), foi Marcel o gañador da convocatoria feita pola Agrupación Musical do Rosal.
Reseña curricular de Marcel van Bree
Estudou no Conservatorio Superior de Tilburgo, onde obtivo os diplomas de clarinete [con Walter Boeykens] e dirección coas máximas cualificacións. Posteriormente completou a súa formación como director estudando con Pierre Kuypers, E. García Asensio, Heinz Friezen e Gerald Brown. Como clarinetista formou parte de diversas agrupacións de cámara, bandas e a propia Orquestra do Conservatorio de Tilburgo. Traballou como profesor de clarinete na escola "Kreato" en Thorn [Holanda] e desenvolveu ata o ano 1991 un labor moi activo como director de bandas e ensembles de música de cámara. Desde o seu traslado a Galicia [1992] foi director do Conservatorio Profesional de Lalín, a súa Orquestra de Cámara e a Banda de Lalín, así como profesor de clarinete do Conservatorio. Coa Orquestra de Cámara actuou por toda Galicia dentro dos Circuítos Culturais promovidos pola Xunta de Galicia. Foi director do Curso Nacional de Piano [1997] organizado por esta orquestra en colaboración co pianista Albert Attenelle [Barcelona] e traballou con solistas como Benjamín Moreno [trompetista da O.N.E.], Teresa Novoa [soprano] e Richards Strauss [violoncello]. Coa Banda de Lalín ofreceu concertos en Galicia, Barcelona, Valladolid, San Sebastián, Portugal, Francia e Venezuela e en 1994 estreou a obra "Intres Lalinenses" [ciclo étnico-galego] de Rogelio Groba. Con esta agrupación gravou un CD [1995] e gañou varios premios participando en certames nacionais como o Primeiro Premio e Mención de Honra no "I Certame Provincial de Pontevedra" [2001], o Primeiro Premio no "XXXI Certame Internacional de Altea" [2002], o Primeiro Premio e mención de honra no "I Certame Internacional de Música de Cine" en Ribadeo [2003] e o Primeiro Premio no "IV Certame Provincial de Pontevedra" [2004]. Desde 1993 é director da "Banda Sinfónica de Galicia", formada por músicos de toda Galicia. Con este conxunto gravou un CD con música de cine e outro con sinfonías de Johan de Meij e Don Gillis. Foi nomeado director da "Banda da Federación Galega" no momento da súa fundación [2000]. No 2001 encargouse, a petición da Asociación "Amadores de Música" de Ribadeo, de finalizar a gravación e mestura do CD "Ao Noso Son" da Banda Municipal de Ribadeo. Nesta gravación colaboraron como solistas Mª Carmen Novoa Ares [violoncello], Benito Builde do Real [violín] e Ramón Bermejo [narrador]. Desde 1994 imparte cursos de dirección en colaboración con Conservatorios da Xunta de Galicia [Pontevedra, Lugo, Orense, Lalín] e bandas de música ["A Artistica" de Merza, Municipal de Arbo, Lalín, Sober, Silleda, Puenteareas]. Fué director do "I Seminario de Dirección" [2004-2005] organizado polo concello de Arbo. Foi director titular da Banda Municipal da Coruña e realiza instrumentacions para banda que foron publicadas en Holanda e Bélxica. Próximamente editará un libro sobre dirección e instrumentación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario