18 de out. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 17 Oct 2012 11:48 AM PDT
baiona arbores
Baiona procede nestes días á poda duns 200 árbores de folla caduca para evitar que estas causen molestias e ata accidentes por caídas entre os viandantes. O cambio de folla, fenómeno totalmente natural nesta época do ano, tamén provoca atascos nos sumidoiros e sucidade nas rúas.


 
Posted: 17 Oct 2012 11:37 AM PDT
A Mancomunidade do Val Miñor prepara un "Taller de Divulgación do Cooperativismo", que se desenvolverá o próximo día 24 de outubro no Centro Neural de Gondomar en horario de 10:30 a 13.30 horas. Profesionais cualificados informarán aos participantes sobre as vantaxes do modelo cooperativo e darán a coñecer o papel que cumpren as empresas de economía social. Os interesados poden chamar ao 986 423366.

 
Posted: 17 Oct 2012 10:27 AM PDT
foto-mitin-III
-Onte a noitiña, desafiando ao outono e mesmo a la "Roja", Compromiso Por Galicia (CXG), fixo a súa estrea política no Val Miñor.

Nun acto celebrado o pasado mércores na Casa da Cultura de Gondomar e diante dunha "máis que satisfactoria concorrencia de público", segundo os organizadores, as tres candidatas ao Parlamento de Galicia por CXG, a avogada Natalia Costas, a escritora e profesora de Arte Dramático Inma López e a química industrial e emprendora Sandra Araúxo, após da presentación de Pepe Valverde, expuxeron en detalle o programa político desta formación galeguista.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario