Carlos Aymerich na Guarda: concentrar o voto nacionalista e de esquerdas no BNG é a garantía dun cambio de Goberno
Xosé Manuel Méndez Díaz, candidato do BNG polo Baixo Miño, no decurso da súa intervención
Carlos Aymerich fixo un chamamento a non darlle unha segunda oportunidade ao PP
O Bloque Nacionalista Galego celebrou un acto público na Guarda coa presenza do seu cabeza de lista por Pontevedra, Carlos Aymerich. Xunto a el interviu no acto o candidato do Baixo Miño, Xosé Manuel Méndez e Marta Dacosta, tamén candidata ao Parlamento Galego.
Os tres integrantes da candidatura do BNG coincidiron en considerar que o goberno actual do Partido Popular resulta nefasto para Galiza e que é imprescindíbel un cambio de políticas.
“Un incremento do paro como nunca se vira, máis de 5.000 pequenas e medianas empresas fechadas, a débeda pública máis alta da historia de Galiza, a sanidade e a educación desmanteladas, máis de 600.000 galegas e galegos por debaixo do limiar da pobreza: ese é o balance do Partido Popular de Feijoo”, afirmou comentou Xosé Manuel Méndez.
Carlos Aymerich fixo un chamamento a non darlle unha segunda oportunidade ao PP. “Darlles unha segunda oportunidade é darlles un cheque en branco para aumentar os recortes económicos e de dereitos” dixo o cabeza de lista por Pontevedra. “O próximo que o PP ten pensado recortar son a s pensións, e unha victoria electoral en Galiza supón darlle carta branca para facelo” engadiu.
O acto foi presentado pola concelleira na Guarda - Hortensia García Díaz - e contou tamén coa intervención dunha persoa afectada polas participacións preferentes e unha integrante dunha ANPA que falaron das dificultades que están a sufrir tanto os afectados pola estafa das participacións preferentes como as nais e pais de alumnos, que ven como os recortes no ensino público afectan directamente á educación da nosa mocidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario