Os conservatorios
e escolas de música das comarcas do Baixo Miño e Val Miñor recibirán
colaboracións por importe de 56.060 euros
A DEPUTACIÓN DESTINA 349.972 EUROS Ó FOMENTO DA CULTURA MUSICAL NA
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
A Xunta de Goberno de hoxe
aprobou as axudas por un importe total de 349.972 euros para gastos de
funcionamento de conservatorios, escolas
de música públicas, e escolas de música de asociacións sen ánimo de lucro.
ACTIVIDADE
|
ORZAMENTO
|
Conservatorios
(non dependentes da consellería de Educación)
|
149.994
euros
|
Escolas
de Música Públicas
|
149.986
euros
|
Escolas
de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro
|
49.992
euros
|
INVESTIMENTO TOTAL
|
349.972 euros
|
No marco das axudas ás escolas de
música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, recibirá a colaboración
da Deputación a Agrupación
musical de O Rosal cunha achega de 3.906 euros.
Dentro das axudas dirixidas a
conservatorios (non dependentes da consellería de Educación), o Concello de Gondomar recibirá 11.312 euros; o
Concello de A Guarda, 12.443 euros, e finalmente o Concello de Tui: 13.574
euros.
Finalmente, no marco das axudas
dirixidas a Escolas de Música Públicas, o Concello de Baiona: 6.646 euros e o Concello
Tui: 8.179 euros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario