- Nacionalistas advirten dos perigos de colocar minidepuradoras enriba da captación da traída de auga municipal de Gondomar.
- UPyD presenta dous escritos no Concello de Nigrán para debater sobre barreiras arquitectónicas e educación vial.
- Carlos Aymerich e Guillerme Vázquez presentan o programa do BNG no Val Miñor.
|
Posted: 21 Sep 2012 09:49 AM PDT
O proxecto de Augas de Galicia e o Concello de Gondomar de colocar dúas minidepuradorassobre o río Morgadáns podería reverter nun grave prexuízo á salubridade pública, alertaron nesta xornada os nacionalistas Xosé Antonio Araúxo e Xaime Luxilde. Os mesmos aseguran que os prexudicados serían os "miles de veciños de Gondomar que fan uso da auga da traída municipal, cuxa captación está río abaixo de onde as devanditas depuradoras verterían a súa auga ".
|
|
Posted: 21 Sep 2012 01:13 PM PDT
A eliminación das barreiras arquitectónicas no entorno urbano e a necesidade de cursos escolares de educación vial son dous iniciativas que Unión Progreso y Democracia (UPyD) de Nigrán entende que deben ser debatidas no vindeiro pleno municipal. Para iso presentou nesta xornada dous escritos no Rexistro do Concello, co obxectivo que o alcalde Alberto Valverde as ingrese na orde do día.
|
|
Posted: 21 Sep 2012 08:48 AM PDT
O cabeza de lista por Pontevedra do BNG, Carlos Aymerich xunto co portavoz nacional, Guillerme Vázquez brindarán unha charla coloquio este sábado 22 de setembro ás 20h no Hotel Soutomaior de Nigrán. A actividade está organizada polas tres agrupacións municipais do Bloque no Val Miñor, as que convidan á veciñanza a presentar as súas inquedanzas aos candidatos.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario