3 de ago. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 02 Aug 2012 10:58 AM PDT
pallaso alegreOs cativos que concorren a Praia América terán un obsequio especial na tardiña deste venres 3 de agosto. O pallaso Roi Macarroni ofrecerá un espectáculo no parque infantil situado sobre a popular praia de Nigrán a partir das 20:30 horas. Humor, maxia e ilusión nunha actuación que sen dúbida deleitará aos máis pequenos.

 
Posted: 02 Aug 2012 10:26 AM PDT
Cantares-do-Brion-imaxe-de-Luis-Garcia-Crego-Venres 3 de agosto: Noitarega , Os Trasnos da Gaita na praza do Concello ás 22:30h.
-Sábado 4 de agosto: Os Terribles de Donas e o Coro Tradicional Cantares do Brión ás 22:30h na Alameda.

 
Posted: 02 Aug 2012 04:41 AM PDT

concello gondomar-Carlos Lameiro: "Gondomar é un concello con planeamento".
Paula María Casal Vázquez é a nova arquitecta municipal contratada polo Concello de Gondomar a fin de cubrir a baixa temporal do técnico titular do Servizo de Urbanismo. A profesional que tomou onte 1 de agosto, posesión do cargo , terá como cometido principal "aliviar os retrasos acumulados nos últimos meses", segundo o comunicado emitido pola administración.

 
Posted: 02 Aug 2012 09:41 AM PDT
patchworkheartVinte artesáns provenientes de toda Galicia estanse a formar na técnica do tecido con retallo, tamén coñecida como almazuela oupatchwork, no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar. O obradoiro ten unha duración de 50 horas na modalidade de curso monográfico, e se está a impartir ata o vindeiro 4 de agosto pola especialista Rosario Casanova, presidenta da Asociación Española de Patchwork (AEP).

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario