En agosto as rúas de toda Galicia énchense de cor, alegría e humor cunha axenda cargadiña de principio a fin.
Culturactiva / Galicia
Pallasos, malabaristas, acróbatas, magos, homes orquestra, monologuistas, pasarrúas, bandas de música.... todxs elxs encherán as rúas, os festivais, as programacións culturais en cada rúa e praza durante todo agosto en Galicia.
Convidámosvos a seguir consultando a nosa AXENDA que non deixa de medrar e medrar.
Nenas e nenos, donas e cabaleiros, xente moza e non tanto, tede conta que en calquera recuncho pode haber unha das nosas actuacións agardando pra arricanrche unha risa, un baile, unha sorpresa segura e deliciosa.
Agardamos esta información sexa do voso interese e poidades incluir estas datas nas vosas axendas!!
Graciñas e bo verán!
Ningún comentario:
Publicar un comentario