24 de ago. de 2012

PESCA

O BNG levará directamente a voz da pesca galega a Bruxelas
TELEBNG
Cumprindo o compromiso electoral de ser "a voz de Galiza en Europa" o BNG levará a próxima semana a Bruxelas a unha ampla representación do sector pesqueiro e marisqueiro galegos para que defenden directamente os seus intereses ante a reforma da Política Común de Pesca.


A visita, que se producirá os vindeiros 28 e 29 de agosto e que está organizada polo BNG, inclúe unha entrevista coa máxima autoridade en política pesqueira da Unión Europa, a Comisaria de Pesca María Damanaki, á que lle exporán as demandas da flota galega tanto ante a reforma da PCP, así como a necesidade de modificar o acordo pesqueiro entre a UE e Mauritania, que exclúe á flota cefalopodeira galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario