14 de xul. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 13 Jul 2012 04:11 PM PDT

alaricana¡Sobre gustos non hai nada escrito!, escoitei.
Se nos atemos a definicións académicas, poderiamos definir o gusto estético como a facultade de sentir ou apreciar o belo e o feo, que temos os humanos. Pero, que cousa é bela e cal fea? Se atendemos á citada definición, depende do gusto. Non estou de acordo, pero deixémonos levar. Facéndoo, podemos concluír que o gusto é subxectivo e, polo tanto, arbitrario; acientífico. Aceptémolo. Non pasa nada. Ou si pasa, pero, en todo caso, admitámolo.

 
Posted: 13 Jul 2012 03:50 PM PDT
manifestantes-na-sede-do-lo
Unha vintena de persoas concentráronse na tardiña do venres ás portas da sede local do PP de Gondomar co xeito de protestar contra o plan de axustes que está levando adiante o goberno do popular Mariano Rajoy. "Manifestamos a nosa indignación polo que consideramos unha estafa ao pobo por parte do goberno", sinalou unha das participantes no acto. A concentración, convocada de xeito aberto por Esquerda Unida de Gondomar, rematou sen inconvenientes.


 
Posted: 13 Jul 2012 03:23 PM PDT

camiseta-de-tiras-piorno designNon son poucos os empresarios miñoranos que decidiron hai tempo nomear os seus establecementos na nosa lingua. Non é ningún secreto no eido comercial que os clientes prefiren os lugares onde se "respira" proximidade cos seus hábitos e costumes. Se son turistas, aínda mellor, o autóctono é a maior sedución á hora de elixir os destinos gastronómicos ou de vista . A quen seduciría mercar en Francia obsequios con etiquetas en inglés ou en mandarín?

 
Posted: 13 Jul 2012 01:11 PM PDT
homo heildelbergensis- Os arqueólogos miñoranos comezarán a terceira campaña de escavacións que rematará cos estudios de datación nos laboratorios do CENIEH, de Burgos.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario