13 de xul. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 12 Jul 2012 06:53 PM PDT
O concelleiro de UCN-CDL Antonio Fernández, perdería o seu sillón no pleno de NigránCos datos actuais e aplicando xa a diminución dun terzo no número de concelleiros adiantada por Mariano Rajoy, habería cambios no reparto do poder local nos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, aínda que é Gondomar onde mesmo podería haber un cambio de alcalde cos mesmos resultados electorais. Por outra banda perderían a súa representación no pleno grupos políticos como UCN-CDL de Nigrán.
A situación aínda está verde . Os medios nacionais anuncian unha rolda de conversacións PP - PSOE antes de sacar adiante esta reforma, a fin de darlle continuidade. Tamén hai voces que advirten que un cambio da Lei Electoral só se podería practicar a partir das vindeiras eleccións, do contraio violaríase a Constitución.

 
Posted: 12 Jul 2012 05:48 PM PDT
Castellano e González-Bueno, tras a comparecencia - Imaxe CC BY-SA Praza PúblicaNGB comeza unha campaña publicitaria de lavado de imaxe para recuperar a credibilidade perdida trala estafa das preferentes e as suculentas indemnizacións dos antigos directivos.
Os directivos recoñeceron onte  a solicitude de 6.000 millóns de euros do rescate europeo para cubrir as necesidades impostas nos decretos.
Os afectados non tardaron en responder aceptando as desculpas e pídenlle aos novos directivos que declaren e aporten probas de "cómo la entidad planificó, organizó , incentivó y presionó a sus empleados para llevar a cabo esta estafa masiva

 
Posted: 12 Jul 2012 05:22 AM PDT

O concello de Baiona non cumpre a normativa sobre as recomendacións ao bañoAs augas das praias de Ladeira e d'A Concheira manteñen a cualificación de "insuficientes" no mapa das zonas de baño de Galicia publicado este mes pola Consellería de Sanidade da Xunta malia que o concello segue calificando as augas como "aptas para o baño"
O concello de Baiona exponse a sancións económicas da Unión Europea se non soluciona o problema de contaminación nestes areais antes do ano 2015.
A pesar das melloras puntuais obtidas no último control microbiolóxico, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, confirmou a este xornal que segue vixente a obriga por parte do Concello de Baiona, de informar da prohibición ou recomendación de non bañarse en ditas praias, conforme o marca o Real Decreto 1341/2007.

 
Posted: 12 Jul 2012 01:37 PM PDT
casadaculturaTódolos menores de 30 anos que figuren entre os 1.783 desempregados rexistrados no Concello de Gondomar, máis os que estean "fora de rexistro", poderán anotarse nun obradoiro para mellorar as técnicas na pescuda de emprego. O mesmo será desenvolvido por persoal da Xunta de Galicia no marco do programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

 
Posted: 12 Jul 2012 12:14 PM PDT
mercado-solidarioAs Asociacións Aceesca, Alento, Avelaíña, Cogami, San Xerome e Vontade, organizan en Baiona, Mercado Solidario, para propiciar e fortalecer a inclusión social de persoas con discapacidade.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario