Hermelindo Martínez González / A Guarda

Excelente regata do Club de Remo Robaleira na XXVII Bandeira Concello de O Grove. Robaleira pola boia 5 a máis castigada, onde  neste fin de semán non logrou imporse  ningúnha tripulación nin da liga A nin da liga B, Robaleira acadaría a 2ª praza por detrás de Perillo-Salgado que volta a repetir  triunfo, Robaleira impúxose a Mecos que quedou terceiro. Deste xeito a tripulación da Guarda volta  a terceira plaza da clasificación xeral nos postos de Play off e recortando dous puntos co primeiro apretándose a clasificación na testa da liga, donde en menos de 5 puntos están as tres tripulacións  que dan dereito o ascenso directo.
Con este  resultado obtido na mañá do domingo en O Grove, sanéase a regata do sábado en Rianxo, onde cun 5º posto,  Robaleira descenderá da 3ª praza da xeral a 4ª praza.

Lembramos as ligazóns da Liga Galega onde pódense comprobar os resultados, e a ligazón da TVG, para Enxogo Traiñas, onde podemos seguir  o acontecido do mundo do remo do Banco móbil.



Para relembrar. Resumo da TVG na que se recollen os resumos da regata de Coruxo en Vigo onde Robaleira logra a Bandeira Concello de Vigo