19 de xul. de 2012

PONTEVEDRA


O ALBARIÑO SEÑORÍO DE RUBIÓS FOI SELECCIONADO COMO VIÑO OFICIAL DA VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2012
Os gañadores de cada unha das 21 etapas brindarán con él no pódium, será a bebida oficial da comitiva ciclista e poderá comercializarse coa etiqueta da Volta
A Bodega Cotorredondo, que comercializa o viño albariño Señorío de Rubiós, foi a seleccionada como Viño Oficial da Volta a España e presentada hoxenun acto que contou coa participación do director da Volta, Javier Guillén, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o presidente da DO Rías Baixas, Juan Gil, e o propio xerente da bodega seleccionada, Antonio Méndez.
A Deputación de Pontevedra _tendo en conta que a Volta Ciclista a España é un dos acontecementos deportivos máis prestixiosos, relevantes e mediáticamente más trascendentes do país_ acordou coa empresa organizadora, Unipublic, que tres etapas discurran polos concellos das Rías  Baixas. Este feito suporá un fitona repercusión e naproxección da provincia e dos seus sectores produtivos, sociais, turísticos e económicos pois acomitiva da Volta, formada por 2.000 personas, pasará catro noites en hoteis da provincia; Televisións de 150 países realizarán dúas horas de retransmisión, en horario de prime time, da carreira; e localidades tan representativas da Denominación de Orixe Rías Baixas, como Ponteareas, Sanxenxo, Cambados, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa serán sedes de saida ou chegada de etapas.
Por esta razón, a Deputación de Pontevedra quixo mostrar, unha vez máis, o seu apoio incondicional ao sector do viño, clave na economía provincial. Por eso, realizou xestións ante Unipublic para que os viños da DO Rias Baixas teñan un papel destacado no pódium da carreira e na propia comitiva da Volta a España.
Froito das negociacións, Unipublic aceptou que, ao remate de cada etapa, se compatibilicen as tradicionais burbuxas de cava ou champán, cunha botella de viño albariño da DO Rías Baixas para obsequiar aos vencedores e brindar polo triunfo das distintas etapas.
A Deputación comunicou ese o acordo aoConsello Regulador para que seleccionase unha bodega interesada en aproveitar este tirón promocional e aportase as botellas de viño precisas para agasallar no pódium a cada un dos gañadores das 21 etapas e un número de botellas a maiores coas que a Organización da Volta obsequiará ás personalidades, xornalistas, etc. que  concurren na Volta.
20 bodegas no concurso do Consello Regulador
Como contrapartida, Unipublic autorizou que a bodega distinguida faiga publicidade deste feito e permite comercializar un viño coa etiqueta oficial da 67 edición da Volta a España.
Señorío de Rubiós foi seleccionada polo Consello Regulador despois dun concurso ao que se presentaron 20 bodegas. As bodegas fixeron un depósito de viño, organizaronse dúas catas (o 25 de xuño e o 16 de xullo) e o Consello Regulador seleccionou o Albariño Señorío de Rubiós como Viño Oficial da Volta a España e, polo tanto, poderá comercializar este viño coa etiqueta oficial da Volta.
Señorío de Rubiós forma parte da DO Rías Baixas dentro da subzona do Condado do Tea. Tén a súa sede en Rubiós (As Neves), o seu xerente é Antonio Méndez. Comercializa Blancos e Tintos (nunha experiencia innovadora), Augardentes e Licores. O viño caracterízase pola súa mineralidade, alta intensidade en nariz a froita e suavidade e elegancia naboca. Nos últimos tempos, Señorío de Rubiós acadou os seguintes premios:Medalla de Plata nos premios Decanter World Wine Awards que concede a revista inglesa Decanter e que se otorgan na xornada inaugural da London International Wine Fair. Participaron 14.119 viños de 47 países; Medalla de Plata na International Wine Challenge, en Londres. Participaron 1.000 viños de todo o mundo; Duas medallas de bronce na International Wine and Spirit Competition, que celebrou a súa primeira edición en 1969; e Medalla de Ouro no Concurso Mundial de Bruselas. Participaron 8.000 viños de 52 países.
"Un fito para o Albariño pois hai 99 DO en España"
Louzán destacou que . Dixo que este fito ven a sumarse a outro que xa acadou a DO Rías Baixas, como foi a Boda Real de Don Felipe e Dona Leticia, e asegurou que "(...) este feito de que un viño Albariño sexa o Viño Oficial da Volta a España reforzará a promoción do Albariño como un viño de alta calidade, asociado a un segmento de mercado de alto nivel adquisitivo (...)".

Ningún comentario:

Publicar un comentario