19 de xul. de 2012

A GUARDA


JAVIER RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, DE OURENSE, GAÑADOR DO XXVI CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN




O día 17 de xullo tivo lugar a reunión do xurado cualificador do XXVI Certame de Poesía Feliciano Rolán no local da Agrupación Cultural Guardesa coa presencia da Presidenta Julia Sobrino e varios membros da directiva.



Formaron parte do xurado Ricardo Rodríguez Vicente, correspondente de Faro de Vigo e do xornal dixital Infogauda; Chuny Vázquez, poetisa e pintora; María Fernanda de Santiago Moure, Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Marisol Diz Amil, Licenciada en Xeografía e Historia e bibliotecaria na Biblioteca Pública Municipal da Guarda..

O xurado acordou premiar aos seguintes autores:

1º premio: Javier Rodriguez González, de Ourense, polo poema Esgrevia Lira
2º premio: Rocío Leira Castro, de Cee (A Coruña), polo poema No ventre do silencio.
3º premio: Carmeliña García, de Vigo, polo poema Notas dunha ausencia.

A Agrupación Cultural Guardesa quere destacar o éxito rotundo do Certame deste ano pola alta participación de poetas de toda España.

A entrega de premios terá lugar o mércores 8 de agosto as 9:30 da tarde no Centro Cultural da Guarda durante un acto poético no que actuarán a pianista Lucía Alonso, a cantautora María José Baz e a rapsoda Carmeliña García (Premio Nacional de Declamación).

                              A Guarda, 18 de xullo de 2012

  
A Presidenta                    A Secretaria                                                                        

Julia Sobrino                    María Soledad Diz Amil                                                                 


Ningún comentario:

Publicar un comentario