16 de xul. de 2012

FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

VII SEMANA CULTURAL EN FIGUEIRÓ 
Do 19 o 26 de xullo
Está  organizada  pola  A.VV.  “Fonte  dos  Carreiros” de Figueiró 

A parroquia de Figueiró será, un  ano  máis,  un centro de referencia socio-cultural  no  Baixo  Miño  entre  os  días  19  e  26  de  xullo



Un  amplo  abano  de  actividades  culturais,  festeiras  e  relixiosas  transformarán  a  Praza  do Telleiro  e  o  recinto  do  Santuario  de  San  Campio,  nun  lugar  perfecto  para  que  nenos,  xóvenes  e  maiores  desfruten  con  ledicia  dunha  programación  pensada  para  todos.
 Este conxunto de  actividades  escomenzarán  o  xoves  19  de xullo  co  1º  día  da  novena  a  San  Campio, a  lectura  do  pregón  da  VII Semana  Cultural  de  “San  Campio”  a  cargo  do xornalista de Faro de Vigo Fernando Franco  e  a actuación do grupo “ATURUXO” e  rematará,  na  noite  do  xoves  día  26  de xullo,  coa  actuación da Banda de Música de Goián.              

Ningún comentario:

Publicar un comentario