ADICAE pediralle á UE que lles dea unha solución favorable ás preferentes
CC BY-NC Praza Pública
Esta semana coñeceuse que memorando que expón as condicións do rescate financeiro limita os cartos que os bancos lles poden devolver aos afectados. . A UE considera estas persoas investidores, non aforradores, polo que deberán asumir as perdas do seu investimento, como calquera accionista. Bruxelas só permite que as entidades lles ofrezan por este produto un dez por cento (como máximo) a maiores do seu valor real, que hoxendía é é do 50 ou 60 por cento do orixinal na meirande parte dos casos, e que noutros achégase a cero. Estas esixencias esquecen o feito de que boa parte destas persoas foron engañadas para que depositasen deste xeito os seus aforros, sen ser informados dos riscos que corrían...[+]

Ningún comentario:
Publicar un comentario