O SON DOS BOMBOS DO MIÑO
Este sábado, 14 de xullo, a partir das 21 horas no torreiro de festas de Amorín (Tomiño)
Infogauda / Amorín
A Asociación Veciños de Amorín, a Comisión de Festas Virxe da Agonía e Beatriz Domínguez, organizan este sábado 14 de xullo, a actuación conxunta de 8 grupos de bombos.
Nesta actuación, que traerá lugar en Amorín, o son dos bombos, típicos do Baixo Miño, colaboran a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño.
O programa é o seguinte: Ás 21 horas, comezarán a desfilar pola parroquia, achegándose ao torreiro de festas, onde cada grupo fará a súa presentación. Entregaránselle uns agasallos a cada grupo, e comezarán as súas actuacións.
Os grupos que van actuar son:
Os Malinos, de Arcos de Valdévez, formado por 20 compoñentes
Treboda Baixo Miño, de Tomiño. Está formado por 35 membros
Bomboslinho, de V. N. de Cerveira, con 16 compoñentes.
Airiños Novos, de Pinzás, formado por 11 compoñentes
Os da Fonte do Frade, de Goián, formado por 20 compoñentes
Bombos de S. Tiago de Sopo, de V N de Cerveira, integrado por 30 compoñentes
Amigos do Bombinho, de Fontoura, integrado por 24 compoñentes.
Os Treboeiros da Muimenta, de Sobrada, integrada por 20 compoñentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario